Dienstag, Dezember 30, 2008

TRASH-COOKING E RAIBA PARA RECIBIR O ANO DE ELISMAR FERREIRA MARTINS!!

Desbordados absolutamente polo feixe inmenso de mails pedíndonos e incluso implorándonos de xeonllos que sacáramos dunha puta vez a noso soboroso menú co que recibir o aninovo. Se o 2008 que deixamos atrás foi baitizado nista non redacción coma o ano da aña xorda iste 09 no que nos mergullamos imos a denominalo o ano de Elismar Ferreira Martins, en homenenaxe á criança falecida iste pasado 24 de decembro víctima da raiba provocada por unha trabadura de morcego.

Pensamos nista non redacción en realizar un menú para recibir o ano Elismar Ferreira Martins baseándonos en algún animal que transmitira a raiba ademáis do morcego que xa temos tratado niste noso web e atopámonos que tanto a carne de can coma o mapache na súa extensión galega , o porcoteixo , xa teñen entrado nas vosas onmívoras e esixentes dietas. Chegamos polo tanto ó único caso non tratado aínda transmisor dista mortífera enfermidade, trátase do raposo, e para enfrontarno a ela imos mergullarnos por primeira vez no extraordinario mundo da trash-cooking , sendo ista non redacción o primeiro referente galego diste novo xeito de entender a cociña afastada da podredume das guías e receitas que istes días nos invaden obrigándonos a ir ós centros comerciais e mercar, mercar , o que sexa pero ir coa manada de imbéciles para despois sorrir na puta mesa e dicer que todo está xenial cando apetecía arrebolarlle todo a ise parente que temos enfronte. Aínda estás a temo para recibir coa raiba necesaria o ano Elismar Ferreira Martins , primeiro paso , buscar unha corda para cazar o raposo ó que xeito que se denomina o lazo, tirar para o monte e situarse nunha disas tubeirías que atravesan os parados e tentar que o teu can conduza o raposo polo canaliño para cando achegue a cabeza guindalo co lazo , necesitamos moito xeito xa que o bravío do animal pode ser mortal xa que pode trabarnos e pasarnos a tan desexada raiba pero de forma mortal cando decidamos cortalle os collóns que son o elemeto inical co que imos comezar o menú para recibir o ano Elismar Ferreira Martins , se non tes sorte e non cazache nada ou o teu can anda atontado , non te preocupes, colle o can e faille a mesma operación, recorda que os cadelos tamén nos transmitan a tan desexada raiba.

Ingredentes:

2 Collóns de raposo limpos , 4 TOMATES NATURAIS , 2 PEMENTOS vermellos , 1 CEBOLA , CABEZA DE AllOS, 2 FOLLAS DE LOUREIRO ,ACEITE GALEGO ACEIROGA ,SAL E VIÑO TINTO

Instruccións:

Despois de limpar os collóns póñense a cocer en auga coas as follas de loureiro e un pouco de tinto. frítense os allos , a cebolla e os pementos vermellos, cortanse os collóns en cachiños ou lonchas e bótanse na tixola xunto coa salsa de tomate natural , deixar facerse todo xunto durante uns 15 minutos e servir ben quente na mesa, coñeces mellor meneira de entrar con raiba nun aninovo que cos collóns dun raposo na boca?
... e cando aínda estás dixerindo o raposo chega a hora do ta desexalo galo galego, pero non penses nisas peituga ou aliñas perfectamente cruxentes senón que niste manual de comedor de desperdicios que é a traducción perfecta da esencia do trash-cooking imos enfrontarnos ante o gran reto nunca antes plantexado de saborear as crestas do galo rexeitando de plano todo o resto do galo coma metáfora perfecta dunha inmersión sen retorno na trash-cooking que nos está a abrir os ollos. Primeiro temos que lavar ben as crestas para pasalas pola tixola en aceite de Quiroga fervendo bañadas en allo, sal e pementa . Unha vez fritas pasamos as crestasde galo a unha pota na que temos a salsa de tomate e cebola.
E como punto final nista sensacional inmersión de última hora no trash-cooking apresentamos un postre que naide poderá rexeitar se quere afrontar con garantías e raiba suficiente o ano Elismar Ferreira Martins , explosivo flambleado de melocotóns en almibar sobre orellas de coello, un manxar que mistura o clásico co trans cuxa preparación é tan sixela como empapar en alchol ambos elementos e se lles plata lume no prato do comensal que así poderá aproveitar para queimar o puto pasaporte e DNI español entrando así no aninovo cargado coa raiba e a caraxe suficiente para afrontar os continuos embites do capitalismo salvaxe diste ano que entra . Trash-cooking e raiba para todos os que seguiremos resistindo pase o que pase un ano e un millón máis, saúde e bon appetite compañeir@s!!