Montag, Januar 05, 2009

TREME OCCIDENTE....RETORNA O ALIENÍXENA Ó PLANETA RANDEEIRA!!

Nunca segundas partes foron boas é o epígrafe elexido polo presunto galego e alieníxena para voltar despois dunha longa pausa ó ring dixital no que corpo a corpo e cos guantes ensanguentados afrontar co seu xenial puño e letra as terríbeis embestidas da actualidade , hoxe somos centos os que chimpamos de emoción ó ver de novo ó máis grande sobre as zocas radioactivas ....e nesta non redacción sentimos o maior dos orgullos imaxinábeis por ser un post sobre o libro do Mandril nas Ondas o que abrira fogo nista súa segunda andaina.

E se algo sáe mal que o demo nos trague coa furia de Avelino Vázquez , veciño do concello lugués de Palas que sube á randeeira para demostrar a plema forma na que o alieníxena afronta ista nova etapa porque morramos como galegos converteuse xa , por méritos propios , nun dos post do ano, e non vai ser Gadis quen patrocine iste poderoso festival anual post_eiro senón que Licoreiría Ilegal Edelmiro é unha das marcas interesadas no proxecto. Adiante e tod@s Á Randeeira !!