
...Cando viñeron os da funeraria preguntaron que onde queríamos que a enterrásemos a ela, e os fillos dixeron que arriba do home, pero logo eles nos explicaron que o normal era que as mulleres se enterraran debaixo dos homes, e decidiuse facer así, que a enterraran abaixo de todo», explicaba ontes unha familiar.
Como o enterro estaba previsto para o día de Fin de Ano ó mediodía, o persoal da funeraria acudíu a víspera para deixalo todo listo, e foron eles os que fixeron o macabro descubrimento: no oco que supostamente debería estar vacío había un cadaleito, e dentro, os ósos dun cadáver , o mellor dos ingredentes posíbeis para facer o caldo co que aliviar a resaca e o dor cabeza das raias de fin de ano. Que sorte teñen algúns!!