Donnerstag, Januar 08, 2009
PALESTINA E A VASELINA!!
Por Facebook , sms , mails....calquera xeito é válido para lavar as conciencias saíndo uns minutos á rúa para apoiar a Palestina, isas patéticas imaxes diantes dos concellos cando ETA mata alguén , cos alcaldes e toda a corporación secundando o vómito , finxindo pena cando en realidade llela súa totalmente. Igual cos nenos e nenas palestinos nola súa a todos , Palestina perderá e todos cearemos igual , iremos ás rebaixas, cearemos tranquilamente e estaremos atentos a se unha anana marcha ou non de GH . Haberá cousas máis importantes?? quizais o futbol?? . Fai uns días os medios do réxime tentaban exaltar a fazaña do futbolista español falante Nacho Novo que nun exercio de extremo patriotismo despois de xogar o derbi co seu equipo escocés collía un avión e platábase en Riazor para defender as cores da selección galega de futbol , días máis tarde destapábanse as posíbeis razóns das presas ....o deportivo amosaba o seu gran interese pola fichaxe do xogador, isa mesma equipa ante a cal o musulmán Kanuté amosou a seu sinceiro apoio ó pobo palestino fóra das pallasadas , multa incluida e reprimendas varias....Kanuté podía estar defendendo as cores da selección francesa pero optou por Mali pola sua patria NAI pese a ter nado en Lyon, defendendo a camiseta en campos nos que moitos xogadores de rexional preferente galega se negarían botar un pé , recibindo incluso os golpes do público contrario como naquel mítico partido de Togo. De novo Kanuté marcoulle un gol ó deportivo e á hipocresía!!