Freitag, April 20, 2012

MOBUTU...DE LÉOPOLDVILLE Á BOMBONERA!!














Mobutu , o histórico dirixente etarra chega ó seu primeiro xuizo no estado español vestido coa camiseta da selección arxentina . Impactante cando menos a súa indumentaria mais se facemos caso ó alias elexido por iste activista cuxo nome pilla do referencial presidente do Zaire podemos ver unha aguerrida inclinación ó internacionalismo abrazando agora as teses e os botoxs anti-coloniais da presidenta Kirchner e do rapaz que a trinca...Messi , estás morto!!

Donnerstag, März 15, 2012

EXTENSIÓN AGRARIA...CABRÓN DE LA OSTIA, VAS PAGALO COA TÚA SALÚ!!


Cando alguén ve na música un mero entretemento , un xeito de desconectar ou festexar sexa o anque sexa...que por favor se alonxe dos sitios donde actúen e interveñan Extensión Agraria , o som system con campo base nas terras de Bretonha última o seu proxecto sonoro cunha mutación cara ó extremecedor exilio interior que fai tremer ós propios músicos . Fai uns días membros de Extensión estiveron en Cerceda recordando o explosivo episodio do primeiro secostro express realizado por Juán un dos veciños da vila fartos da miserábel e colonial actitude da multinacional térmica , coa tensión a flor de pel Extensión Agraria anuncia o seu posicionamento firme coa loita dos veciños do Rosal contra a estafa bancaria realizada por caixanovabanco , unha entidade que saquea os petos diste veciños e de todo o páís co amparo do governo colonial galego....hai que darvos duro, e ahí está Extensión Agraria cos veciños do Rosal en loita armados coas guitarras afiadas , os paláns e os berros deseperados dos donos da razón roubados por ises miserábeis de traxe e garabata que pasean impunemente polas rúas e protexidos ademçais polos txakurras galegos. Extensión Agraia adianta con iste extremecedor estalo o seu apoio incondicial ós veciños do Rosal , unhas imaxes censuradas na puta televisión galega e todo o resto de canles misóxenas do poder, Extensión Agraria avisa que subirá cos veciños ó esceario esixindo para istes miserábeis e para os que son coma eles xustiza revolucionaria....cabrón de la ostia, vas pagalo coa salú!!

Montag, Februar 06, 2012

BELARUS BLUES EXPLOSION...COLLE A BOMBILLA E ARRINCA AS PEXAS!!

Dende terras Holandesas o ex-baixista dos míticos Alkarpa alértanos do blues periférico que se está xestando nas rúas de Bielorúsia , dende logo que os nosos sentidos se sitúan cada vez màis lonxe dos malditos epicentros emisores anglosaxóns para rendirnos ás músicas e sensacións alternativas producidas màis aló dos Urais.

Toda ista información e metodoloxía singular e diferencia é coa que os Extensión Agraria están construíndo a súa impactante proposta de post-rock galego-arxina, cada mércores a iso das 19 h. as bestas bravas de Bretonha teñen uns compañeiros de viaxe que coma a blueswoman Bielorusa sabemos que as bombillas serven para todo menos para ver...Extensión Agraria, arrinca as pexas!!

Freitag, Februar 03, 2012

NIKO , KROME NAS...( naide é màis ca nosoutros ) , TATUAXES , ROCK E EX-PARACAIDISTAS!!

Ex-paracaidistas do exercito ruso enfurecidos co seu presidente que deciden utilizar unha impresionante melodía rock para amosar ó mundo enteiro o seu monumental cabreo contra a figura dise ex-dirixente da KGB chamado Putin . " destruiches a defensa, o exército está reventado, escupes ós soldados e mandas barrer ó aficiais, non che perdoamos cabrón, pedímosche a túa urxente dimisión!!"

O referencial grupo de ex-paracaidistas rusos sabe perfectamente que a mellor defensa é un bó ataque polo que sen protección se tirán a centos de pés de altura co caza en marcha para aferrados ás guitarras , baixo, batería, tatuaxes e gorxas precisas prantexar a mais terríbel e insospeitada ofensiva antigubernamental xamais imaxinada polo kremlin e que poñen tamén en alerta ós centros de poder feixista instaurados en Europa xa que mediante a interconexión anarco-independentistas da redes de acción de Abertinhos da LNB fan que os Extensión Agraria . o grupo de post-rock galego-arxina fortaleza os seus postulados evanxélico-musicais que teñen ó actual presidente da xunta e alcaldes de tódalas vilas do país no punto de mira. Coas Katiuscas que aportará Alex da súa anterior experiencia sonora e cos Paracaidas furados dos paramilitares rusos serán os complementos perfectos para unha brutal viaxe da altos voos que os Extensión Agraria ultiman no seu zulo de Bretoña a miles de pés de altura...ei alcalde , tes as mans cheas de sangue!!

Donnerstag, Januar 19, 2012

KIM JONG-UN DISPARA TODAS AS ALARMAS Ó CONVÉRTESE NO SEXTO MEMBRO ACTIVO DO GRUPO DE POST-ROCK "EXTENSIÓN AGRARIA"!!


Sabido é que os máis grandes grupos da história tiveron na súa formación elementos adicionais que viñeron complementar a formación orixinal aportando isa pinga de inxenio capaz de catapultar á banda á consideración de mega-estrelas do universo rock . Do quinto beatle ó sexto Extension Agraria , de novo ista non redacción por cortesía do ministerio do interior do governo irman de Korea do Norte pode confirmar a nova que o imperialismo capitalista se temía , Kim Jong UN o actual Gran Lider intégrase na banda de post-rock galego-arxina Extension Agraria. Nunhas terroríficas imaxes , insistimos cedidas polo governo irmán chollima , podemos ver ó novo guitarrista do grupo elexindo entre unha pila de guitarras españolas cales vai coller para queimar en directo , ademáis podemos distinguir tamén o xa famoso Almanake-LNB co cal vai coordinar as súas funcións de governo coas actuación da banda coa que xunto os seus misis de longo e curto alcance prantexa conquistar do mundo.


E foi cunha serie de acontecementos encadeados os que decidiron a Kim Jong-UN dar o paso ó fronte para integrarse nista banda que dende o seu zulo de Bretonha ten xa a medio mundo aterrorizado , por unha banda o recebemento dos sentidos pésames despois da morte do seu pai que se recolleron nista capela dixital aberta e por outra a celebración da morte do feixista Fraga por parte do grupo cun brutal ensaio aberto fixeron que Kim Jong-UN decida unirse ó grupo de xeito formal polo que nos directos que por motivos de governo non poida acudir teremos un micro aberto ó seu dispor por se a ultima hora decide coller o jet-presidencial e chantarse no esceario .... adiante o novo eixo do mal Bretonha-Pyongyang!!

Mittwoch, Dezember 28, 2011

AO CHOLLIMA VIVO!!


Impresionate a acción perpetrada polo irmán Alejandro Cao de Benós, o catalá e único occidental militando e traballando no governo de Korea do Norte que cudíu ó programa "al rojo vivo" de la sexta para desenmascarar coa súas verbas a opresión da gran dictatura do capital no mundo accidental, confirmou que posúe un xogo de té tradicional agasallado polo propio Gran Lider Kim Jong-IL que istes días estamos despedindo cara á eternidade. E aínda que non sáe niste estalo impresionate como o camarado Alejadro arremeteu contra o diario El Mundo acusandoo de difamador por diversas información realtivas a el e ás súa famila . En Korea do Norte non hai prensa amarella para nista gran poza de purín chamado estado español os que se din xornais destilan máis merda , mantiras e manipulación que o impresentábel representando dise diario case lle sáe o carazón pola boca ante o ataque do gran lider catalán- E ademáis Alejandro non dubidou un intre en recomentar para todos aqueles que teñen fillos o sistema educativo de Korea do Norte....tomamos nota pois para tentar lograr isa primeira avalancha de crianças galegas nos colexios da gran República Democrática Popular de Korea do Norte!!

Samstag, Dezember 24, 2011

KIM JONG-UN .... O NOVO GRAN LIDER XA ESTÁ Ó MANDO!!


Impresionante e sen precedentes o apoio de todo o povo galego de ben ó novo gran lider da amada República Democrática Popular de Korea do Norte , despois da sentida homenaxe da indomábel larada de mandrís adoecidos en forma de lanzamento de esgarros de pésame ó mausoléo dixital de Kim Jong-Il non queda máis que erguer do novo a ollada e o puño para felicitar ó novo gran lider Kim Jong-UN polo brutal golpexo de timon ó executar sen tremerlle o pulso a súa primeira orde como presidente diante do corpo presente do seu pai . Kim Jong-UN ordeou a todas as unidades deter todas as manobras en curso e voltar ós cuarteis, trátase pois da máis clara proba de que Kim Jong-un asegurouse o firmme control sobre as temidas forzas armadas NorKoreanas . Quedan pois pendentes uns ensaiaos previstos para o pasado luns cuns misís de corte alcance para os cais dende ista non redacción xa enviou un burofax á oficina de presidenca do novo gran lider para trnasmitirlle as mostras de dor recollidas nos esgarros de pésame e postular á Moncloa , donde se vai hospedar definitvamente ise ser falegófogo , coma posíble branco para ises misis que piden terra a berros...