Samstag, Oktober 08, 2016

SKORNABOIS A B.S.O DA REBELIÓN DAS MÁQUINAS , PORQUE O FUTURO NON É DA XENTE, É NOSO... DOS ESCORNABOTS !!














Cando un preme a botón de estourido non ten natural conciencia de ate onde a deflagacion pode chegar , algo semellante a iso foi o que debeu acontecer cando os responsábeis da discográfica “chorima” desestimaron a portada que skornablois portaban baixo o brazo cando nos estudio areamaster de vigo se iniciaba a mítica gravacion do disco homónimo da banda de Lourenzá. Coa bacina da epidural durante case un mes conectada , o grupo ás ordes de Segundo Grandío deu parido un disco que os responsábeis da discográfica enmarcaron cunha portada e cun deseño que apresentaba un espectacular civer-esconabois robotizado dono e señor dun mundo e civilización futura dominada polas máquinas. 












Dende que o disco se ceibou polo mundo diferentes sensacions tiveron acougo en cadanseu e súa escoitante mais o que istes días nos asulaga é o carácter premonitorio da imaxe da portada  feita despois de que os deseñadores escoitaren a gravación do disco aínda sen masterizar. Fai unhas semanas coñecíamos a nova de que desenroladores galegos crearon a figura do escornabot , un robot para nenos co que introducir a xestion robótica nos colexios , aulas e nas propias casas xa que escornabot é un civer-becho  que as propias crianças poden programar. 















Agardamos ansiosos exercitos de esconabots programados polos nosos cativos  preparados para atacar e liberarnos do xugo opresor dun governo que os maiores non soubemos  desprogramar nas furnas . Será pois a música dos skornabois  a banda sonora do maravilloso ciber-futuro-ceive que nos agarda?  Porque cada segundo que pasa estamos máis preto por fin dun ciborg- presidente da xunta escornabot …rapazada , non nos falledes , o futuro está nas vosas mans!!