Samstag, Oktober 22, 2016

FRAN GAYO , O QUE FORA COMPEÑENTE DOS REFERENCIAIS "MUS" DIRIXE O FESTIVAL DE CINEMA DE OURENSE


















Fran Gayo , o componente masculino do referencial dúo Mus , director do festival de cimema de Ourense. Sorprende observar como  a cidade das burgas se está a converter no paraíso para dinosaurios tolleitos da música peninsular , os únicos con credencias e motivos son os Suaves con Yosi á cabeza ( desfeita ) claro , pero durante un tempo a ista parte vimos desembocar ó caron da fonte das augas quentes proxectos en vía paliativa tales coma o DerrameRock que  dende Pravia ( Asturias ) chegou a Ourense para agonizar na terra da chispa . Reixa , un mito do rock galego , que perdeu toda a dignidade despois do seu paso sgae , con toda a "geta" do mundo , revive ós resentidos precisamente en Ourense nun corcerto aniversario e como a vaca xa non atopa máis leiras donde pacer  pois é precisamente alí donde  se lle financia e artella a necropse da mítica banda viguesa ó caron doutros ilustres dinosaurios e da màis antiga banda municipal galega , a de Lira.

























Pero a nova sorpresa é ver nunha entrevista a Fran Gayo e decatarse que joder ise é o tipo de Mus , o dúo Xixones que se marcou uns impresionantes discos co referencial selo Acuarela cantando en asturiano e practicando unha sorte de batiente-triphop  que deixou fonda pegada nos primeiros anos diste século 21. Disolto Mus , Gayo publicou un disco xa cantado en español e falto de toda a intensidade, calidade e emoción do seus anteriores traballos , dende ise momento perdinlle a pista ate istes días que aparece como non podía ser doutro xeito como acomodado acomodador dirixindo o festival de cine de Ourense. Máis aló dunha brincadeira ocasional o que deberiamos considerar os galegos e ourensáns en particular é se non haberá xente capacitada para dirixir iste festival  sen ter que importar " talentos " da outra beira da Eo , sen ir máis lonxe eu creo que Emilo José sería o director perfecto ....#OuExit!!