Donnerstag, November 02, 2006

A CERIMONIA DO PORCO TEIXO....

A combulsión total da que xa se viña falando fai tempo entre dentes iniciou a súa contra atrás, contra as estrelas e os planetas grandes !! Zimmer103 xa emitira a principio do verán un comunicado en forma single que conmocionara as capas máis vangardistas e arriscadas do underground europeo, e dende ista non redacción tamén se declarou que nós non estabamos en tregua permamente por iso , iste venres vaise producir o que tantos anos se leva agardado polos membros dista non redacción, A CERIMONIA DO PORCO TEIXO , arengados polo Bardo dos Teixoes, un exquisito e salvaxe porco teixo dos montes de Fornea vai ser cociñado e servido en pratos de lousa sobre un mantel vermello , e xunto co café de tizón e o licor de Toxo vai soar por primeira vez en público o primeiro Ep de zimmer103 titulado hatt trick . Non sabemos como poden reaccionar os deuses e demos que van ser invocados nista tenebrosa cerimonina pero pase o que pase , vós ídes poder achegarvos a iste fenómeno paranormal da música electrónica galega pegando o ouvido á Regueifa Plataforma , a ouixa que vai atrapar dentro do vaso de licor de toxo vacío o espírito enveleado do perigoso zimmer103, moi pronto nas vosas táboas!!