Dienstag, August 12, 2008

ASADO DE CAN CONTRA O XAXÚN IMPOSTO POLO ESTADO CHINÉS!!

Os xogos olímpicos limparon a carne de can dos restaurantes de Beijing, dende iste regos escritos unímonos á firme condea do xaxún obrigatorio dista exquisita carne imposto polas autoridades chinesas e refrendamos absolutamente o exposto por Qim Monzó nun dos seus artigos na prensa estatal na cal convidaba a todos os tele-espectadores distes xogos olímpicos a substituir as pombiñas e demais lambetadas coas que nos sentamos fronte á pantalla por deliciosos petiscos de carne de can. Zimmer103 apoia totalmente a moción e apresenta unha deliciosa receita de asado de carne de can con pementos:


A carne servida nos restaurantes e tascas chinesas ven seleccionada principalmente de animais de granxa que son , polo xeral , resultado da mezcla de cans chineses con San Bernardos ou outras grandes razas, e sírvese normalmente en estofado, asada, ou cortada en rebanadas nun prato moi quente. Ás veces vense cans con colares nos mercados, o que suxire que se ti tes un can en china e che escapa é moi posíbel que te voltes atopar con el na mesa.

CARNE DE CAN ASADA CON PEMENTOS:

600 g de carne de can troceado en cachiños , 300 g de salsa de tomate, 250 g de pementos, 40 g de unto de cocho, l de vino blanco seco, 1 cebola, 1 dente de allo, pirixel ,albahaca, sal e pementa

Preparación: sofreir a cebola picada nunha tixola grande e despois de 4 minutos incorporar a carne de can troceada en cachiños non moi grandes. Despois de 5 minutos mollala con viño branco e deicala a lume forte, con recipiente tapado, durante1 hora aproximadamente, ir incorporando auga si é necesario porque se nos queda moi seco. Engadir uns pedazos de tomate, os pementos cortados en tiras delgadas, sal e pementa. Deixar cocer durante 20 minutos, logo incorporar as esencias picadas. Misturar todo ben e servir inmediatamente. Apartir de agora as vosas olladas trocarán o desexo de papar o dono ou dona do animal por papar o animal .... ou a ambos.