Donnerstag, August 07, 2008

O AUTOESTOPISTA NA CANÍCULA INVADE AS TRINCHEIRAS DO VERÁN!!


Voltan despois de moitos anos as estradas do país a ser invadidas polos autoestopistas, unha sempre estrana raza de viaxeiros que empurrados agora por unha posíbel mistura de crise , aventura e fartura absoluta de aeroportos cara ningures en viaxes concertadas con moitos meses de antelación fai que moitos nos botemos de novo ó asfalto co dedo ergueito. VIEIROS é a estrada elexida pola que transita a sombra dun psicópata enmascarado baixo o alcume do AUTOESTOPISTA NA CANÍCULA , olla no seu cartón os destinos marcados e as paradas fixadas!!