Mittwoch, Mai 14, 2008

XEXÚN , FOLGAS DE FAME E DIETAS CONTRA O PUTO PODER ESTABLECIDO!!

Fai uns días lendo un extremecedor artigo deClodio González Pérez no que relataba a lenda do xexún voluntario de Xosefa da Torre, natural da parroquia de Gastrar (Boqueixón) que estivo 30 anos sen comer nen beber mantendo a mesma beleza, o cute brillante e terso e coas carnes semellantes ás dunha muller da súa idade. Espectacular documento relatado por primeira vez no 1931 na revista Nos por Fermin Bouza Brey no que relata a estrana situación na que se atopaba Xosefa coma unha espiritada . espiritada tamén se pode denominar a situación á que a xustiza española condeou a Carlos Cela, detido durante as pasadas eleccións pola súa suposta pertenza a un grupo de apoio ós GRAPO, comezou iste 2 de maio unha folga de fame co obxectivo de que o recoñezan como preso político e o trasladen a un módulo á marxe dos presos comuns. Dende ista non redacción , agardamos que Carlos non necesite dos 30 anos de xexun coma Xosefa para que a xustiza española poña en liberdade a iste detido sen cargo algún. Mentras outro vello coñecido dista no redacción ..... o mexicano Manuel Uribe coñecido anteriormente coma o home máis gordo do mundo , decidíu porse a plan e realizar un estricto réxime de adelgazamento, non por motivos políticos senón por motivos biolóxicos, sexuais e incluso mediáticos xa que vai tentar bater o record Guinnes cona o home que máis adelgazou nunha tirada.

Uribe pasou a década dos 90 tomando hamburguesas , pizzas e bebendo refrescos nos USA e no seu retorno chicano continuou a boráxine alimenticia que o postrou na cama con 560 kg. Agora acaba de iniciar unha estricta dieta do polo , claras de ovo , peixe e vexetais que o levou a perder xa 260 kilos, agora cos seus 325 kilos ás costas aínda non pode mover as pernas pero xa pensa en voltar saír da casa de novo para celebrar o seu 43 cumpreanos e depaso foder á súa noiva xa que co adelgazamento recuperou a súa potencia sexual que tiña atrofiada por tanta acumulación de graxas. Dende ista non redacción animamos a Uribe na súa loita e cando poida porse en pé polos seus medios sen grúas que o suxeitan animámolo a celebralo botando unhas danzas no explosivo Kara.o.k de Mourente ou sintonizando coa loucura AL-ANDALUS dos Rumbers .