Se no pasado post falabamos dun vello coñecido dista nosa leira dixital , niste novo estalo temos que voltar ás grandes amizades feitas naquel perigoso zulo do mítico 4º SKURO, Carlos Suari , o poeta reixo asturianos que ven de editar un espectacular poemario bipolar xunto ó seu compañeiro Berto García "Treslallende" está case aínda de estrea no seu novo espazo radiofónico na RPA ou radio nacional asturiana , Carlos apresenta un explosivo programa titulado ACUTO , centrado na difusión da cultura física asturiana, un concepto a anos luz da mayoría da oxidada grella da RG , con borrachas conducindo locomotas no tren da tarde, infimábeis cowboys de medianoite , peixes naufragando e por se fora pouco, unha tal Pilocha ademáis de tertuliando na taberna conducindo un suposto programa de Jazz. Falamos aquí con exemplos varios , que no país veciño , a non oficialidade do seu idioma dálle un pulo de carraxe e de certa ilegalidade que na Galiza troca en comodidade e afirmación de poder.
Nista non redacción saltamos de emoción ó saber que a semana pasada se recuperara o baile dos xubencos, unha danza de orixe castrexa que estivo varios anos sen facerse por falta de mozos na achega.... e sobre a expresión nacional do baile afondou Carlos no seu Acuto pasado que facía a ducia, galiza e asturies comparten unha mesma danza o chiringuelu asturiano ten a réplica na pirigüalda galega , ogallá que ACUTO emitido cada martes ás 16:30 h. que versa sobre todo , sobre deporte e expresión física nacional astur tivera unha réplica na grella da radio nacional galega...agardaremos pero farémolo deitados xa que nos agarda unha longa maratón de espera.