Mittwoch, Mai 21, 2008

ACHÉGATE RECOLLER AS RECETAS Á CONSULTA DO MANDRIL NAS ONDAS!!

Jet Lag é primeiro esgarro sanitario no que o mandril nas ondas pon a bata branca para escultar nas costas de varios dos doentes terminais que deambulan sonámbulos polas salas de espera dun ambulatorio calquera. Mentras a consellaría de sanidade alerta do Jet Lag e dos perigos das viaxes transoceánicas o mandril destapa as terríbeis consecuencia do jet lag ó pé da porta. Despois dista autópsia esgarrítica que será emitida iste mércores a partir das 19:30 no VIRAVENTOS de radiofusión agardamos a chamada de María Xosé Rubio para incoporar ó doutor simiesco coma xefe do equipo de curandeiros que sustitúa a toda isa panda de ineptos matasáns e maleantes con batín que forman o engranaxe dos SERGAS. Ista tarde deixa a medicación e achégate a recoller ás recetas e os esgarros do mandril nas ondas!!