
Imposíbel
controlar-se , eran xa varias noites co sono roto, suando baixo as mantas, orquestra vacía dicía Nación Reixa , quere dicer Karaoke en xaponés , un significado que pode trocar a partir de agora na galiza , no país nipón e no resto do mundo civilizado e por civilizar despois da primeira e impactante escoita do adianto novo disco
no myspace do
chuliboy . Agora que Roger Waters lle fai as beiras a Pink Floyd para voltar ó rego , Mourente realiza unha apabuiante nota de
cobro em B que deixa en cuieiros ó mítico money dos británicos. Un sadomasoquista posuido por un entolecido demo de cores desfruta na pista de baile recibindo as xostradas dos seus
piores inimigos ,
sen cargo de conciencia algún saímos de baixo os eucaliptos para
por diante e por atrás recibir os extremecedores latigazos do KARA.O.K.
O exército de electro-masoquistas incontrolábeis preparámosnos para invadir os ximnasios , as praias e as tendas enlamadas de discos!!