Mittwoch, Mai 07, 2008
POR UN HOLOCAUSTO LINGÜISTICO ENTRE POLÍTICOS E XORNALISTAS XA!!
Co corpo aínda quente do expresidente do goberno Calvo Sotelo a escasos metros dos estudios Grozni donde se producen os esgarros do mandril , iste , desorientado pola peregrinaxe de multitude de coches oficiais argalla un claustrofóbico esgarro donde funerais de estado , xiras musicais e vocalistas embozados polas comisións de festas para maquillar unha sangrante e hipócrita política linguistica, danse cita para condear o tráfico ilegal de linguas promulgado dende varios concellos e medios. No viraventos de radiofusión poderás sentir o esgarro se conectas o teu gonio dixital apartires das 19:30 de hoxe mércores, prepárte para transpirar na tenda de campana dos digitalism intalada en Grozni. O mandril racha de novo as cadeas para condear o descomunal tráfico ilegal de linguas co que xornalistas e políticos enchen os petos, holocausto lingüistico nos despachos e emisoras nacionais xa!!