Donnerstag, März 08, 2007

A IRRESISTÍBEL ATRACCIÓN MÓRBICA DOS ENCAMADOS.........

O primeiro paseo pola rúa depois de máis de 5 anos deitado nunha cama ten que ser relamente impresionate, aínda que ise pequeno paseo sexa no remolque dun montacargas voltar a respirar o ar fresco ten que ser unha auténtica pasada, algo así deveou pensar o maxicano Manuel Uribe, iste home que 40 anos que ate os 22 traballou con normalidade nos U.S.A , pesaba 130 Kilos e tiña unha estatura de 1,94 pero que a partir disa idade de 22 anos, Manuel empezou a engordar dun xeito brutal chegando ate un peso record de 540 kg . Manuel de regreso na cidade de Monterrey non se resignou a morrer invadido pola graxa en por medio do canle mexicano Televisa enviou un berro deseperado de axuda á comunidade científica, non quero morrer teño gañas de viver. Manuel despois de perder 205 kg hoxe é asesorado por médicos mexicanos , italianos e españois, e incluso se especula con Barcelona coma unha das posibles cidades donde se lle poida intervir da súa en fermidade coñecida como obesidade mórbica.
A foto de Manuel paseando polo seu barrio nun remolque brindando con campan cos seus familiares e a súa noiva percorren o mundo enteiro. O poder mediático de Manuel de seguro que vai ser moi positivo para todos os doentes dista terrible enfermidade espallados polo mundo xa que ten en marcha unha fundación co seu nome para o estudio e combate dista doenza. Pero nun intre no que outro producto mediático marca o pulso dun estado é curioso observar que todos istes iconos tan potentes teñen ó seu lado unha compañeira que semellan ser a fonte de enerxía distes persoaxes, está a pasar con Irati Aranzabal que se está a converter xa na sex simbol da esquerda abertxale e de seguro pasará coa polo de agora descoñecida noiva de Manuel Uribe. O poder de atracción de certos persoaxes postrados ou impedidos de algún xeito tivo temén o seu exemplo na Galiza no caso de Ramón Sampedro e quedou patente nun espectacular documental emitido pola 2 o sábado pola noite sobre mulleres namoradas de presos no corredor da morte. ZIMMER103 apoia emerxicamente ista nova clase de galáns , contra unha estética corporal establecida!!