A foto de Manuel paseando polo seu barrio nun remolque brindando con campan cos seus familiares e a súa noiva percorren o mundo enteiro. O poder mediático de Manuel de seguro que vai ser moi positivo para todos os doentes dista terrible enfermidade espallados polo mundo xa que ten en marcha unha fundación co seu nome para o estudio e combate dista doenza. Pero nun intre no que outro producto mediático marca o pulso dun estado é curioso observar que todos istes iconos tan potentes teñen ó seu lado unha compañeira que semellan ser a fonte de enerxía distes persoaxes, está a pasar con Irati Aranzabal que se está a converter xa na sex simbol da esquerda abertxale e de seguro pasará coa polo de agora descoñecida noiva de Manuel Uribe. O poder de atracción de certos persoaxes postrados ou impedidos de algún xeito tivo temén o seu exemplo na Galiza no caso de Ramón Sampedro e quedou patente nun espectacular documental emitido pola 2 o sábado pola noite sobre mulleres namoradas de presos no corredor da morte. ZIMMER103 apoia emerxicamente ista nova clase de galáns , contra unha estética corporal establecida!!