Nunha época na que semella que as touradas están no punto de mira incluso do goberno español, dende ista non redacción desmarcámonos e reivindicamos enerxicamente a festa taurina pero iso si adaptada totalmete ó tempo no que vivimos. Fartos xa de ecoloxistas e vexetas que choran polo suposto mal trato ó touro , dende zimmer103 queremos reivindicar a maltreita figura do toureiro , como dicía aquela canción do grupo basco ostikada supostamente atribuída ó daquela lider de HB Jon Idígoras , Yo quiero ser torero , pero por suposto non toureiro na praza senón toureiro de asfalto. Ista fin de semana un mozo da localidade madrileña de Móstoles despois de facer botellón nun polígono industrial decidíu pacticar a súa gran afeción e porse a tourear a dous coches que competían nunha disas carreiras ilegais, David Fuertes Simón foi o espontáneo que pagou coa vida o atrevemento tentar tourear o exemplar mouro de máis de 500 km da gandeiría metalizada da Opel , concretamente un opel astra foi que fixo que David saíra en hombros e nunha caixa pola porta grande dun tanatorio.