Freitag, Dezember 29, 2006
CONTRA UN BRINDE DE ANINOVO ESTABLECIDO !!
ZIMMER103 non podía quedar á marxe nunha data na que milleiros de sms , correos e chamados telefónicos desesperados inundaron a nosa non redacción pedindo desesperadamente consello para a cea e a vestimenta que ían lucir ista derradeira noite de 2006 , é un feito que o ano pasado o listón quedeou insuperable co exquisito preparado de grilos e a espectacular prenda Morralha D´blue que rachou moldes nos máis fashion-cotillóns do 3º mundo mais agora o noso cheff e o noso equipo de deseñadores atópase nunha auténtica encrucixada temblando coa pértega na man para batir ise tremenda altura que marcou un antes e un despois na cociña e na costura de alto risco europea, iste ano os nosos resoponsábeis de cociña e de deseño pasaron o porcoteixo quente ós recenchegados , adegueiros de zimmer103 que por primeira vez na historia se van enfrontan á terrible experiencia de ofrecernos isa brebaxe coa que acompañar os grilos , as criadiñas ou o manú que elexiramos para transpasar a liña do aninovo.