Mittwoch, Januar 03, 2007
COMEZA O ANO BIKILA!!
Multitude de atletas percorreron ista fin de semana as vilas e cidades do mundo nas carreiras de noitevella , zimmer103 coma atleta dixital descalzo queremos facer unha sentida homenaxe a ise home nado en Mout , Etiopía, que en 1960 pisou as rúas de Roma para acadar un histórico triunfo no maratón olímpico correndo descalzo e incluso chegando a establecer unha nova plusmarca mundial en 2 h. 15 minutos e 16, 2 segundos, Abebe Bikila membro da garda imperial do derradeiro emperador etíope idolatrado polos rastafaris Haile Selassie , foi quen de correr descalzo sen agachar a cabeza en ningún intre por diante al obelisco de Axum, que fora roubado ó seu país en 1937 polo exército italiano durante a segunda guerrra italo abisinia. Bikila. Catro anos máis tarde voltou vencer en Tokio ista vez calzado e todo pero en México problemas coa adaptación á altitude fixeron que non participara na proba. No 1969 bikila viuse involucrado nun tráxico accidente de tráfico en Abbis Abeba que o deixou postrado nunha silla de rodas do que nunca se recuperou, no 73 ós 41 anos faleceu iste mito do atletismo que vive nos nosos corazóns e nos nosos pes descalzos, zimmer103 contra o imperialimo do calzado , de estar con vida , iste ano Abebe Bikila cumpriría 75 anos polo que dende ista non redacción iniciamos un ano que imos denominar o ano Bikila no que tentaremos realizar unha serie de intervencións dirixidas a reivindicar a figura diste transgresor atleta etíope , zimmer103 pola celebración urxente dunha carreira de atletas descalzos... ATLETAS Á RÚA A LOITA CONTINÚA!!