Freitag, Januar 05, 2007
No estado español inmobiliarias encabezadas por Re/Max inician como experiencia piloto dende o 8 ate o 31 de xaneiro unha rebaixa dun 4% no prezo dos seus pisos e vivendas. Zimmer103 quere comunicar a toda a súa reducida comunidade multirracial de mandrís adoecidos que por medio do colectivo FILLOS DE BIKILA vai unirse a ista acción protesta mediante a distribución de contenedores vivenda a moi baixo custe , para que necesitas un enorme piso de 30 metros que tes que pasar horas limpando , fregando e ordenando isas putas estanterías ikea , os FILLOS DE BIKILA ofréceche unha rápida e moi barata solución para todos ises problemas de habitabilidade , descontos especiais para universitarios, empregados temporais e sen teito palabras que xa case veñen a significar o mesmo......