Donnerstag, Dezember 29, 2005
THE FITTING ROOM REVOLUTION
A entrada no aninovo sempre ven parella ó desfrute da última noite do ano que remata, para elo tanto homes coma mulleres prepáranse de xeito especial, traxes e corbatas son a vestimenta máis usual xunto cos vestidos de noite para as damas que isa noite queren lucir no seu total explendor, dende zimmer103 queremos propor a todas isas mulleres que isa noite de ano vello queiran sorprender, unha nova gama de productos zimmer103. Despois do arrolador éxito dos grilos que foron a auténtica sensación en moitos dos menús de noiteboa e de nadal agora zimmer103 lanza as increíbeis peles de coello sen curtir zimmer103 , auténtica vangarda aplicada ó deseño textil no que ti eres quen dependendo do ritmo frenético da noite vas curtir e amoldar ista impresionante prenda ó teu corpo.