Donnerstag, Dezember 29, 2005
Aínda que destinada ó público femenino a prenda coñecida comercialmente coma “Morralha D´blue” está a ter unha sorprendente acollida entre os homes , especialmente entre o colectivo homosexual , Morralha D´blue non ten unha aplicación única senón que ten multitude de posibilidades, a medida que avanza a noite morralha D´blue vai trocando de funcionalidade e incluso de pescozo , todos sabedes que despois do primeiro tiriño do ano xa nada é predecíbel!! E se na pista de baile poñen algo de boa merda xa está todo feito, moito cuidado se estades con Morralla D´blue e soa Hung Up, ise son producido por Jacques Lucont alma mater de Les Rimes digitales fai estragos nos circuitos do posuidor ou posuidora dista prenda de vangarda, tanto a raiña do pop coma Gwen Stefani ambas domadas polo látigo do lider de zoot woman coma o disco en solitario da cantante de Moloko, Roisin Murphi forman a mellor das B.S.O posibles para curtir adecuadamente ista perigosa prenda de pel de coello galego. / 1 unidade de Morralha D´blue : 20 euros.