Mittwoch, Dezember 21, 2005
CONTRA UN MENÚ ESTABLECIDO
Actualmente no mundo existen 800 millóns de persoas que sofren desnutrición e delas, 200 millóns son nenos menores de los 5 anos.Os insectos son o grupo animal numéricamente más dominante no noso planeta e representa aproximadamente o 75% de tódalas especies animais que existen no mundo. Na Galiza aínda non se explotaron as posibilidade alimenticias distes deliciosos animalimaliños mais o consumo de insectos nalgúns países é unha práctica moi habitual que está ligada principalmate a dous factores, a abundancia do recurso e os aspectos culturais. No noso país por desgraza non existe unha tradición arraigada , de feito o cosco e as ancas de rá son aínda pratos cos que o galego ou galega non iniciado mira con certo desprezo e incluso con noxo, de tódolos xeitos os vermes , formigas , moscas , bolvoretas ou escarabellos en moitos paises son pratos moi aprezados