Mittwoch, Dezember 21, 2005
En Bangkok por exemplo é normal ver postos donde venden insectos igual que nas festas venden bolsiñas de amendoas garrapiñadas , é normal que se un está na casa dunha familia vietnamita te convide a carrachas , en Nixeria comen normalmente vermes no campo, cómenos incluso crus e teñen unha variedade de verme especial que cho ofrecen en sinal de moito afecto e aprezo polo que rechazalo é case unha ofensa para o anfitrión, ista variedade trátase dun pequeno cilindro blanquecino verdoso de horrible sabor para o pobre gosto occidental. zimmer103 queremos agasallar ,ó igual que se foramos nixerianos, ós nosos amigos e amigas cun manxar de facturación propia, auténticos grilos galegos de granxa de zimmer103 , nos telexornais estanse a ver que a nova sensación diste nadal son os insectos tratados coma aperitivos para acompañar ó xamón ou as ameixas nisa cea de noiteboa , nadal ou de fin de ano. Se sintonizades o mellor programa rediofónico de música e tendencias contemporáneas , é dicer, e-music , podedes escoitar no estalo nº6 no espacio O Mandril nas Ondas unha auténtica apoloxía contra a exclusisón sonora e alimenticia, contra un menú establecido!! , zimmer103 dá un paso a diante e comercializa para quen desexe romper cos prexuizos dista maldita sociedade occidental,auténticos grilos galegos para enriquecer o teu xantar . Estás farto dos tradicionais capóns? , queres cear o mesmo ca Fraga , Rouco , Zapatero ou o Rei? Come auténticos grilos galegos da granxa zimmer103 e rompe cos xugos gastronómicos que oprimen o teu gosto.