Donnerstag, Oktober 20, 2011

3º COMING...STONE ROSES vs AEROLINEAS FEDERALES!!

Erguerse outra mañán calquera , vestir a máscara de aloitador mexicano-galaico , subir ó carro cara aínda co café de pota estourando na boca dirixirse unha vez máis cara o ring do cotián baterse contra os elementos , nose trafego algo acontece para que ise día destaque sobre os demàis , foi escoitar no carro e se súpeto ó conectar a radio un tema de Stone Roses , a nova do seu retorno é quizais polo que significaron e significan nista non redacción isa formación de Manchester algo que nen a máscara mexicana pode disimular. Chega dicer que debe ser nista non redacción donde se venera incluso o único disco en solitario de John Square , sexa como for , sempre ha unha honrosa excepción no que retornos se refire, fai uns días Costas contaba cos seu inclasificábel xeito de falar nunha entrevista de radio como fora o retorno dos míticos Aerolineas Federales nun incendiario concerto en Lima xestionado por un fan , como se teñan que facer as cousas!! . E por se fora pouco , a impresión brutal da entrevista emitida no ZigZag da tvg2 de Coral, unha das vocalistas e collager de Aerolineas amplifica a espectacularidade do retorno que dentro dunhas semanas terá a súa cara-b no continente europeo cun concerto na Razzmatazz de Barcelona na festa de aniversario....o meu video non ten mando a distancia, nen puta falta que fai!!