![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjerqhxzpePHhofzwImpnJ68rAizjC30XLycK_CWtNCaMxhldnmjL5rH1gTy5PQnCM2g0yeCQeC7aI-tCNg4g8YdnoYKKQQp_c1S2cFU0oREt4h263veBU0VaaMIOgUl0REK32Lmw/s400/ruman%25C3%25ADa.jpg)
A inusitada condolencia mundial despois do falecemento de Steve Jobs situou unha especie estrana mitoloxía global pola cal todo ser vivente ten que rendir pleitesía a iste tipo da mazá , dende logo nista non redaccion non acendemos a vea no ipad en forma de loito senón que acendemos o chisqueiro para acender o porro e arrebolar caixas de zapatos e tablóns de castaño á caluga dos responsábeis da NCG bank e do goberno galego . Un feito iste o da protesta que iste luns nos deixou sen Diario cultural na Radio Galega , que putada ista, a ver se no vindeiro sonigrama soan bombas e ráfagas de metralleta e non toda isa morrada sonora que sóen por, mais non todo vai ser lamentos , a toda isa recua de miserábeis xogadores da NBA europeos e americanos que buscan acocho mentras dura iso do lock out nun clube da referencial Liga de Basket Romanesa a chulería dun dos seus fichaxes americanos saíulle cara e faralle voltar ó país da bandeira das barras e estrelas con pés por diante. Cando Chauncey Hardy fichou polo CSS Giurgiu non o seu representante non o avisou do xeito de entrarlle a unha tía en Rumanía e claro, entrou a saco nunha discoteca e recibíu tal malleira que o do hospital quedouse curto, descansen en paz istes dous saídos do rego Steve Jobs e Chauncey Hardy .... CSS Giurgiu vs Obradoiro xa!!