Montag, Oktober 31, 2011

DIE TSUNAMI - SANTOS MORCEGOS ....O BRUTAL ESTOURIDO DA MÚSICA CALADA!!

Sen dúbida na Galiza temos mais que conexions evidentes coas histórias do povorento oeste americanos, sioux e semínolas correron perseguindo a vaqueiros nos seus cabalos pintos nos nosos cuartos de crianças , despois coñecemos a míticos persoaxes coma Frank Braña ou John Balan que levaron a súa militancia vaqueira ate o seu último extrmeo extremo. Incluso as tribus màis urbanas do vigo contemporaneo sucumbirón ó cheiro a polvora e a farias roidas no xa mítico film Naipe de Sangue baseado en textos do absolutamente refencial Marcial Lafuente Estefanía dando lugar ó subxénero do Grelo Western. Máis algo faltaba e istes días estamos niste non redacción celebrando o extorurido dunha brutal punta de lanza enveleada polo surf e os aterradores instrumentais de filmes míticos. Pode ser a querencia de bandas míticas de península coma Los Coronas pola nosa terra donde cada vez con màis asiduidade pasean as súa táboas de río polos nosos escearios ou sexa por utilizar novos argumentos para enforntarse a un público sedentos de licor café e novas sensacións estourendo na boca e nos ouvidos ....sexa como for , estamos absolutamente emocionados e encantados do decubrimento de dúas infinitas e impactantes bandas galegas que gostan de matar calando , dende as terras do Eume chegan Die Tsumani que detrás da brutal interpretación do O Padrinho , esconden un repertorio cheo de punk-surf que xa estás a desgranar en directo polo país adiante e dende A Guarda levantan vó os Santos Morcegos surf polas veas para mudecer a propios e estranos cunha coleccion de temas que xa están a soar no Planeta Furancho e que agardan deitados á ola que os vai transportas cara ise inferno de Buzombis no que só se sobrevide a base de bocatas de touciño e fusta ...ovella que fala bocado que perde!!