Donnerstag, Oktober 07, 2010

EXILIO INTERIOR , A RESPOSTA INDIXENISTA DE ZIMMER103 NA REGUEIFA PLATAFORMA XA!!


Fai uns días publicábase que uns investigadores "descubrían" un novo idioma nunha rexión remota da india , a lingua en cuestión denomínase koro e pertence supostamente segundo iste equipo de lingüistas do National Geographic Enduring Voices á familia tibetano-birmana. Cando istes supostos expertos escoiten Exilio Interior e chanten os ollos no espectacular prospecto médico artellado polo ciruxán da área tamén coñecido coma O Traveseiro é moi posíbel que pensen que están ante un novo xeito de expresión non lingüistica nen musical senón sonoro-xestual , unicamente comparábel á patada nos collóns que o irmán Evo Morales lle propinou durante un partido de fútebol a un contrario membro da oposición capitalista. Se buscas música vaite cara outro lado ...se buscas sufrimento Exilio Interior é o teu estado!!