Sonntag, Oktober 10, 2010

KIM JOUNG-UN CONFIRMA NO GRAN DESFILE DO 65 ANIVERSARIO QUE LE O TRAVESERIO E XA TEN NO SEU IPOD EXILIO INTERIOR!!


Eramos miles os que agardabamos con intensidade brutal iste novo e definivo golpe de efecto do amado lider, aproveitando a grande festa do 65 aniversario do Partido dos traballadores apresentou publicamente non só ó seu povo senón ó mundo enteiro xa que convidou a medios de todo o globo (entre os que se atoapaba tamén un equipo da tve co que os membros dista non redacción tivemos unha desagardábel enganchada por tentar enfocar, ó xoven e xa nomeado sustituto nun lonxano futuro lider dos nosos destinos e da sempre amada patria de Korea do Norte , polo seu lado malo da faciana) .Unha falta imperdoábel e menos mal que non fomos acusicas senón todo o equipo da tve estarían niste intres degolados e exposto o seu pelexo na praza de Pyongyang.


Froito do seu terceiro matrimonio do líder norcoreano con Ko Young-hee, falecida no 2004. O fillo menor do amado lider foi educado a cabalo entre Pyongyan e Suiza , dende fai xa tempo foi sinalado coma o máis capaz dos tres irmáns. Precisamente da súa estancia nun colexio Suizo baixo o pseudónimo Untiano Carvalho é polo que sabemos da súa fonda querencia galaica xa que asistíu a varios dos concertos de Mafia Galega , como sabedes representantes da lingua galega no festival liet Internacional 2010 polo que non sería de estranar a presencia en Lorient de estreleiras galegas e Koreanas do Norte unidas mentras que Paco e o seus sicarios do ritmo interpretan o "Billarda Sempre" escrito por Xabier Cordal ....O futuro é noso , con Kim Jong-UN resistencia galega de seguro terá representación nos futuros desfiles de aniversario do partido dos traballadores!!