Montag, September 13, 2010

LABIRINTOS DE ECUACIÓNS!!


Poderoso e atronador coma o son das chaves indomábeis polo ar dos irmáns da LNT8 ( Liga Nacional da Taçirma do 8 ) arrincou unha nova etapa do refencial programa galaico Radio Oceánica que se emite como sabedes os domingos ás 22 h pela Radio Galega Música. Un feixe de novidades traía Sak no seu saketo que foi esparcindo ó ar durante iste primeiro programa da nova quenda , entre isas xoias puidose escoitar o ruxir galaico a xeito de adianto do que será o inminente novo puzzle sonoro de ZIMMER103 , unha terríbel história de amor e paixón dunha parella de xoves científicos que buscan desesperadamente o inverno nuclear nun maldito mundo de chuvia aínda limpa e cristalina...achegate a min , cae a chuvia ácida no xardín!!