Dienstag, Juni 22, 2010
O VANGARDISMO TÁCTICO DA CHOLLIMA CHOCA CO ABSOLETO DUN BALÓN ESFÉRICO!!
Dende o xoves leva un dos siareiros galicos sen poder durmir , primeiro pola emicion de mergullarse no Sonar co corazón chollima e unha gravadora para transmitir a intensidade toda en dous estalos que van marcar un antes e despois no xeito de entender a radio só comparábel ó impaco social da Ruandesa Radio Mil Colinas. E cando pensaba descansar o luns atópase coa inexplicábel malleira de Portugal , para tranquilizar dentro do posíbel a Sak , a Xavi e ós milleiros de siareiros galaicos da Chollima destapamos iste impactante video que amosa a supremacía absoluta na prepación táctica que temos sobre o resto de seleccións do mundial, claramente o gran lider directamete dirixe cada un dos movementos nos adestramentos de vangarda da selección da gloriosa República Popular Democrática de Korea do Norte cos exercicios que realizaba el no recreo durante os seus anos de colexio, sabemos que a táctica do gran adestrador Kim Jong Hun tería o seu rendemento plemo xogando dos partidos cun balón cadrado, mais a máfia da FIFA que xa puxo o berro no ceo cando a Auténtica convocou un dianteiro-porteiro , non quere nen ouvir falar de futbol moderno e aférrase a estereotipos caducos coma todo o que se está a ver niste decepcionate mundial sudafricán.
E por se non fora pouca demostración da supremacía táctica , o irmán traveseiro afirma e constata a gran decepción que todos os siareiros sentimos por ise suposto goleador que como se demostra nista entrevista a unha canle brasileira unicamente viste a nosa camiseta para tentar acadar un contrato na liga alemana, inglesa e inclusive a española, Jong Tae-Se fala galego , seguro que é porque aspira a presentar o puto Luar!!