Donnerstag, Juni 24, 2010

UNDIANO MALLENCO , O SICARIO ESPAÑOL COA MISIÓN DE DARLLE O TIRO DE GRACIA A KOREA DO NORTE!!


Dende antes de arrincar o mundial xa viñamos advertindo das continuas manobras que o imperialismo estaba executando para sacar á gloria Koroea do Norte do mundial , guerra psicolóxica incluso dende a propia axencia EFE que nega que marcaramos un gol contra Brasil á que temos que sumar a gota que colma o vaso , a designación dun español para darlle a tiro de gracia ó perigoso e incómodo dentro e fora do céspede , exercito Cholima qur todos formamos. Undiano Mallenco foi o sicario elixído pola mafia da Fifa para vestirse de curto e meterlle un tiro na nuca ó indomábel cabalo de Korea de Norte , mais dende ista non redacción berramos , que pese a todo e a todos, aínda Po-De-Mos!! clasificarnos: con toda a infamia botando contas o siareiros galaicos da cholima tamén temos dereito a realizar as nosas contas da uña, no caso que gañemos a Costa de Marfil por un 32 a cero e as seleccións de Brasil e Portugal se estrelen no bus cando vaian desputar o seu encontro, entón, é moi posíbel , que se non hai superviventes en ningunha das dúas seleccións , poidamos ter a Korea do Norte na seguinte rolda, é por elo que cruzamos o dedos para isto pase e como comenta Mr Tichborne , siareio da chomima no Traveseiro, darémoslle a derradeira oportunidade a Jong Tae-Se mentras lle imos preparando a caixa : Dádelle unha oportunidade ó rapás, a ver se mete un hat-trick no último partido!Que mágoa que marchen as dúas seleccións máis divertidas do mundial: Corea do Norte e Francia! Espectáculo asegurado, pero non sobre a herba.....AÍNDA PO-DE-MOS!!