Montag, Juni 21, 2010

O GRAN LIDER E A AFECCIÓN GALAICA ALERTAN SOBRE A PANTASMA DO CAPITALISMO NO VESTIARIO CHOLLIMA!!

O acoso dos inimigos tivo ó final o seu froito , por se non foran pouco as acusacións verquidas sobre catro patriotas que non é que se fugaran da concentración senón que se meteran debaixo da cama e non querían saír para non intoxicarse coa maldade capitalista uniuse a sorprendente orde da FIFA de termos que vestir fronte a Portugal de branco, trastocando así todas as nosas estratexias que o gran lider e o seu representante no banquiño K. Jong-Hun tiñan preparadas para o combate fronte a Portugal, a isto se unimos a complexidade da pelota coa que se está a xogar iste mundial podemos en gran medida explicar o porqué dise inexplicábel 7-0 . De tódolos xeitos tanto á gran afección chollima galaica coma ó Gran Lider , a nosa suposta gran estrela Jong Tae-Se , vai ter que explicarnos o porqué disa sequía goleadora cando nos prometeu un gol como mínimo por partido e como non sexa convincente que vaia preparando o pescozo porque as bágoas de cocodrilo xa non nos convencen en absoluto e o seu máis que evidente coqueteo coa barbarie capitalista xa que é o único da expecidión que posúe un ipod , telf. móbil e ofrece roldas de prensa , xa nos está fartando. Como contra Costa de Marfil non molle vai voltar para Xapón, donde xoga profisionalmente ó futbol no Kawasaki , pero cos pés por diante....