Montag, April 12, 2010

A RADIO GALEGA ATACA O APOLO GHIT CUN CONCURSO-PLAXIO DESTINADO A DESPRESTIXIAR A MÚSICA GALAICA!!


Fai uns días os feixistas celebrabran o primeiro reich de frijolito e a Radio Galega como non podía ser menos prepara o seu asalto feixista ó veran cun lamentábel inxerto sonoro que de xeito vomitivo copia con pelos e sinais ó Apolo Ghit que iste ano máis ca nunca terá un sustrato contestatario xa que os grupos galegos terán dúas plantaformas para elexir a cal enviarán a súa suposta canción do verán. A dinosaurio-funcionaria que responde ó nome de María Xosé Rodríguez apresentou nisa muermada de programa chamado A tarde como se descubrira a polvora o concurso de verán que austiciará a radio galega dar a nota ou algo polo estilo será o nome do concurso estival que coordianrá persoalmente dende ise programa matinal das findes que chama Somos quen, incluso niso calcan á funcion do extrarradio de Regueira. Mais a nova non está ahí, nen moito menos, a nova está en que Vieiros tamén lanza a súa 5º edición do apolo ghit para iste de seguro movido verán do 2010 que moverá en exclusiva pola rede e por vías alternativas fóra das canles e dos medios públicos . De seguro haberá grupos que aproveiten a xogada e manden temas ós dous concursos, haberá propostas brutais que manden á radio galega co obxectivo de seren censuradas de antemán.....sexa como sexa isto vai ser moi positivo para que grupos , ouvintes e danzantes nos situemos nun lado do taboleiro porque iste verán arrinca unha partida sonora a cara de can e que de seguro traerá a tan desexada sangue á pista de baile....partíu!!