Freitag, April 09, 2010

SALTAN TODAS AS ALARMAS ANTE A REDE DE QUEDADAS EN TASKAS DO PAÍS PARA APOIAR Á SELECCIÓN DE KOREA DO NORTE!!


Posibelmente unha das imaxes máis impactantes de todas cantas temos destapado niste inmenso caldeiro de lixo dixital , imaxes capturadas por un dos exiliados do indixenismo galaico recén chegado da súa inmersión en chigues ovetenses , chegar e atoparse co trepidanta artigo verquido en Capítulo Cero pode por como así foi os pelos de punta. Imaxes istas dun povo galaico custodiado cara ós campos de concetracion pola garda civil feixista , unhas imaxes que amizan con repetirse coa descomunal acción que Movemento Galaico prepara de cara ó mundial de futbol de sudáfrica. Se os irmáns aborixes negros xa liquidaron a brosadas a un dos líderes da supremacía branca, Al Qaeda no Magreb Islámico anunciou istes días a súa firme intención de atentar no mundial ....

.....accións istas que podemos considerar colaterais ó carón da potencia que colle a rede de quedadas en taskas do país para apoiar á selección ismá de Korea do Norte. Son centos xa as adresións de locais e de siareiros dispostos a dar a cara e o seu sangue pola Auténtica Vermella , Galiza apoia a Korea do Norte fai que o saiban descargando o cartaz que xa podes pillar no Traveseiro, referencial web e coordiandor tamén dista trepidante acción. No teu blog, no teu muro , nas paredes da túa aldea, vila ou cidade....únete á acción de apoio do povo galego á selección da república popular de Korea do Norte!! [ e atención porque imos mover os fíos para tentar que ista iniciativa chegue ós proios ouvidos do gran lider Kim Jong il ]