Se eres dos milleiros de seres galaicos indignados porque Galiza non entrou a formar parte da comunidade de paises da Commonwealth cando no 1995 a raiña lle abriu as portas a Mozambique para o seu ingreso nista alianza de paises satélites da coroa británica e se tampouco acabas de comprender porque Radio Océano non é considerado coma o grupo pioneiro do britpop , a resposta atoparala na espectacular entrevista que o John Pell galaico realiza ó cantante da banda atlantica no medio dos extremecedores ladridos dunha larada de cans coruñeses e se non che queda clara a cousa iste xoves poderás saír de dúbidas se acodes á sala Nasa de Compostela á homenaxe que Radio Oceáno recibe de varias xeracións de houligans galaicos que de seguro arrebolarán os seus calcetíns de lá a un esceario donde Pereiro estará arroupado dunha superbanda bravú disposta destrozar a sempre temíbel máquina do tempo, coma o vento, galiza na Commonwealth xa!!