Samstag, April 24, 2010
NAIDE SABE NADA DE GATOS RAXADOS!!
Non é moi común que dirixamos os noso disparos cara o mundo do cine mais a última fita estreada polo director de orixe kurda Bahman Ghobadi ben merece unha pequena reflexión. Baixo a censura no seu país donde "Naide sabe nada de gatos persas " se terá que ver ás agachadas en dvds piratas , ista película iraní amosa as complicacións dunha banda de Rock que tenta realizar un concerto en Teherán e preparán unha xira polo estranxeiro, as dificultades e complicacións da vida no underground creatico iraní sáen a relucer nista fita que está a cando menos , a levantar un gran interese mundial por isa escea musical iraní en particular e do mundo musulman máis integrista en xeral..
Todos coñecemos e saudamos con fervor as aventuras de investigación que Fermín Muguruza realiza por encargo da referencial cadea árabe Al Jazzira sobre o despertar a escea actual de grupos e solistas árabes , mais ista experecia que Bahman narra na súa fita en realidade é moi similar ó calavario que moitos grupos do underground galaico sufriron e sufren para saír adiante, diferencias entre Compostela e Teherán, habelas ainas pero non tan acusadas como se podería pensar nunha primeira ollada. Podo recordar fai pouco tempo coma unha serie de ficción da Galega recollía as vivencias dunha orquestiña , os atlánticos creo recordar, isa puta merda exemplifica perfectamente o que se esconde tras o entramado de feixismo disa lamentábel institución sonora chamada orquestra, xa que o 99% do seu repertorio que escupen en cada verbea e sesión vermut é a sintese do estado actual da nosa música. Istas orquestras foron os transmisores directos do sustrato colonial español en cada unha das súas actuacións apartando e excluíndo totalmente as canción galegas do seu repertorio festivo , por desgraza nun país avanzado coma irán o audiovisual e a escea musical máis combativa e contemporanea van da man mentras na galiza mira que se fan curtas e películas todas case que infumábeis e ten que vir un director Kurdo facernos recapacitar na necesidade imperiosa da nosa propia : Naide sabe nada de gatos razados!!"