Montag, März 08, 2010
COREA DO NORTE PESCA E EXECUTA UN CIDADÁN QUE FALABA POLO MÓBIL!!
Falador pescado , ise podería ser o subtítulo da gran acción que o noso admirado governo norkeano acaba de realizar para atallar polo san a podredume dunha primeira mazá que amiazaba con contaminar ó resto do glorioso povo NorKoreán. Mentras as olladas da opinión pública internacional estaban no falecemento dun miserábel preso cumún cubano e nas explicacións dun suposto actor español sobre o caso, o glorioso governo de Corea do Norte executaba publicamente un cidadán que se atreveu a realizar unha chamada por un teléfono móbil servíndose da cobertura que ilegalmente realizan os servidores chineses en territorio norkoreán. Unha morte que salvou milleiros de vidas e pola cal se atallán as ansias de todo cidadán que ouse servirse dunha chamada a un parente de Corea do Sur ou de calquera outro país inimigo para venderlle información sobre importantisimos segredos de estado coma o prezo do kilo de arroz nos mercados de Pyongyang. Pero nista non redacción sabemos que ademáis do arroz había outras cousas polas que iste traidor merecía morrer, o axente identicado polo apelido de Jung , o que estaba era ademáis vendendo información sobre as tácticas de adestramento da xa temida selección de futbol de cara ó muldial de sudáfrica nun intre no que apoio de siareiros ó equipo NorKoreano acada cotas impensábeis ó redor do mundo e donde Galiza por medio da acción compartida dende ista non redación e do Traveseiro é epicentro fundamental niste apoio á auténtica vermella. Atención porque parella á execución pública diste axente do mal medra a furia e apoio á selección de Corea no Norte na Galiza polo que podemos adiantar que mesmo na Gentalha do Pichel estudan a posibilidade de por televión única e exclusivamente no local para segurir xunto coa tribo de Seioque os partidos da selección de Corea do Norte no Mundial e incluso siareir@s galeg@s estudan unirse á proposta de opoiar o xogo de Corea do Norte con quedadas en diferentes taskas do país , dende ista non redacción non nos queda máis que continuar chamando á movilidade cidadán para que Corea do Norte continúe executando calquer sospeitoso de falar polo móbil , sinal inequívoca para todos aqueles que vemos na selección e no país dirixido maxistralmente por Kim Jong-il un referente absoluto no deportivo e executivo. Elixe unha taska e deixanos unha chamada .....se te atreves claro...