Samstag, März 13, 2010
A INTOLERÁBEL INVASIÓN DO XÉNERO CHICO NA GALIZA!!
Mentras pasan os días e desexamos que o xornalista Guillermo Fariña remate co seu sufrimento baixo terra nun cadaleito o máis rápido posíbel , cando viaramos a ollada do marabilloso paraiso revolucionario cubano ó inferno feixista galego asaltanos a máis brutal das labazadas coa que iste governo xenofógo dirixido por feijoo nos podía ceivar. Confírmase a posta en marcha da macro-montaxe "ANTOLOXÍA DA ZARZUELA" dirixida polo "galego" Fernándo Árias e cun elenco de actores e cantantes formado tamén por xente do país. O que semella unha broma , tórnase en intolerábel insulto ó povo galaico e apreséntase por todo o alto no teatro Colón da Coruña e ten xa datas para representarse en Muros e Culleredo, financiada pola deputación da Coruña a montaxe agarda o pulo do xacobeo para realizar unha xira de verán por un gran número de vilas galegas como mostra inequívoca do florecemento do xénero chico nas terras galegas. Se non foi pouco insultante o patorcinio do nadador simiesco agora o xacobeo afronta apoiar iste aldraxe sen precedentes da nosa cultura, niste puto país non temos a sorte de Cuba na que os indesexábeis deixen de comer ata palmala , na galiza os indesexábeis son os que máis embuten do pesebre do goberno amigo , no canto do xénero chico iste noso país é do xénero bobo ou máis ben do xénero gilipollas.....