Mittwoch, März 03, 2010
...E DENDE A ESTRADA CHEGA : O VERME HOMICIDA!!
Son centos os grupos que elixen o tema dun grupo para porse o nome , dende os mesmísimos Rolling Stones que elexiron un tema de Muddy Waters , Radiohead verquido da discografía dos Talking Heads....mesmo no estado temos casos senlleiros coma o de Manta Ray en homenaxe ós Pixies, ou mesmo os cataláns The Unfinished Sympathy que elexiron ise fenomenal tema de Massive Attack para denominarse, mesmo no país temos casos de gran repercusión coma o dos indíxenas do Grove que actán baixo a denominación de Nadadora en homenaxe a ise fantástico tema dos bascos Family , espectacular ademáis as composicións que Nadadora interpretan na nosa língua , igual incluso no futuro e nós dende ista non redacción os animanos a que nos agasallen, cun album todo cantado en galego.....pero nista pequena reseña de grupos bautizados con nomes de cancións non tiñamos referencia ( que nós nos acordemos) dun grupo galego emerxente que se atreva a utilizar sen complexos a canción doutro grupo de rock nacional un par de xeracións anterior que cantaba tamén no seu mesmo idioma. Descubrimos cun orgullo inmenso que uns rapaces dende a Estrada non sabemos se por casualidade ou por propia vontade decidiron chamarse O VERME HOMICIDA , imposible para toda tribo que segue minimamente o pulso da música diste país, como lle pasou a Vituco na primeira aparición do Verme no Planeta Furancho, non identificalo con isa mítica canción dos SKORNABOIS. Sexa como fora , O VERME HOMICIDA despoxouse completamente de complexos e comeza unha andaima con tres espectaculares e dasafiantes xostregazos guindados no seu myspace, se esperades panfletadas ou rollo festeiro ides equivocados , O VERME HOMICIDA xoga dende o minuto cero noutra liga, nisa na que non se teme a enfrontarse ó desafío brutal dos temas instrumentais ou con títulos en galego saírse pola tanxente con delirantes esgarros en inglés ou no que sexa....o que nos queda é seguir moi de preto os pasos diste verme que ten un fenomenal guagua xunguido á guitarra e polo que asoman xa uns condimentos electrónicos que de seguir engadíndose ó caldo vai facerlle saltar a pota ós fuciños a moitos dos curiosos....un luxazo para un skornabois erguer unha pedra e atopar iste furioso verme cego de vingaza !!