Só unhas horas depois de ser guindado o explosivo novo estalo do podcast indíxena-galaico Ouveos na Noite , producíase na galiza un feito insólito no continente europeo e de transcendencia histórica xa que iste mércores amencía destrozada o interior da tenda da multinacional Benetton situada no centro de Lugo , despois do desconcerto incial, o concello e as autoridades policiais vinculan iste ataque ás reivindicacións dos colectivos indíxenas asentados na Galiza. O feito demostra un asentamento total no país das posturas do Movemento Indíxena Galaico que non dubida en apoiar a loita e as accións de lexítima defensa do pobo irmán Mapuche e do resto de colectivos de loita indíxenas do mundo. Unha suposta nota escrita en lingua mapuche aparecida no interior do comercio é o único argumento que esgrimen as autoridades coloniais para culpar ó Movemento Indíxena Mapuche.....non permitas máis aldraxes ó indíxena galaico , únete ó MIG!!