Donnerstag, Februar 18, 2010
A POR ELLOS, OE!!
O NOVO PATROCINADOR DE OUVEOS NA NOITE DESBORDADO ANTE O FEIXADO DE PEDIDOS CURSADOS DESPOIS DE SAÍR Ó AR O EXTREMECEDOR E ARREPIANTE NOVO ESTALO DE OnN INTITULADO>> coitelos ensanguentados chantados no xeo!!
Dos milleiros de pedidos chegados a ista non redacción non podemos pasar por alto a clarificadora carta escrita en lingua Mapuche manchada con sangue e cespede que semella dun campo de futbol , que maxistralmente foi traducida ó galego polo servizo de relacións internacionais do Movemento Indíxena Galaico co análise absolutamente domoledor e clarificador ó máximo da lamentábel imaxe que están a dar os irmáns do indixenismo Basco:
Isto xa non é o que era. Primeiro, Thierry cun polo Lacoste, como ben salientaches ti unha vez, e agora un presunto etarra pousando no facebook ese de marras cunha camisola da selección española. E o outro polo visto dándolle folgos! . E se con isto non chegase, Iñaki De Juana quere meterse a taxista, un gremio que odio especialmente pola gran cantidade de veces que me estafaron eses pesetas. Á marxe disto, a ver se me podes enviar un par de bocois de sidra desa de Euskal Herria, agardemos que estea á altura da que estaba o licor de herbas sen hache da licoreiría ilegal Edelmiro.