Aterradora nova edición do teu podcast galaico de autor, baixo o único prisma posíbel do indixenismo o podcaster atrincheirado nos estudos grozni volta ó ar para advertir a toda a populación que o chan do país galego está inzado de coitelos ensanguentados co mango enterrado agardando que piquemos o anzó para desangrarnos mentras lambemos a dobre folla atraidos polo cheiro da sangue quente. Se non queres caer na trampa do inimigo , sintoniza xa co novo e explosico estalo de Oveos na Noite e sinte o pulso brutal do indixenismo galaico en tódalas súas frontes.