Donnerstag, Januar 07, 2010
O INDIXENISMO GALAICO RESPOSTA Ó DECRETO da Lingua da Xunta COA DIFUSIÓN DA K7 "aprende galego durmindo"!!
O Movemento Indíxena Galaico comeza a nova década cunha espectacular acción que pilla totalmente desprevenido ó goberno da xunta despois de asinar o seu aparheid lingúistico para a nosa língua. De xeito unánime e despois de desbotar totalmente unirse á imbecilidade das manifestacións , as carabanas de carros , as folgas do ensino que valen para que os mestres tomen cafés e os alumnos practiquen o idioma de franco nos parques. o MIG lanza unha bomba de dimensión brutais para loitar de xeito real contra o decretazo da xunta. Nistes intre os nosos comandos están rematando a producción da K7 que vai darlle a volta á tortela lingüistica, 33% de qué? a puta que vos paríu, o BNG , segundo B.Lobeira non pasa por menos dun 50% de asiganturas impartidas no noso idioma, ó MIG non lle chega nen o 100% .
E para elo non imos quedar cos brazos cruzados , os nosos científicos deron un descomunal paso adiante baseándose na ciencia da hipnopedia para desenrolar un escalofriante método de instruccionamento e aprendizaxe durante o sono, ademáis os nosos científicos inciden na idea da reproducción mediante o formato K7 xa que incrementa en moitos graos a súa efectividade. Preparade os vosos vellos radio-cassettes e imos por eles, mentras durmen a chea despois de chegaren do parlamento e das ceas de traballo que comparten con putas e travestis soará escondida en algún recuncho por un activista do MIG a gran bomba sonora que fará que feixistas coma Anxo Lobezno ou Feijolito esperten cunha lingua que fale un idioma que lles devore as entrañas. Pide xa o teu exemplar de Aprender galego durmindo e atención porque se traballa tamén na difusión dun posíbel podcast donde se poderá sentir algún dos estalos máis poderosos dista liberadora k7 que coma a trabadura dos morcegos ó darlle ó play, tranmitirá a raiba dun idioma vivo e adoecido que non perdoa nen as puñaladas nen as triazóns de tódolos implicados....xúnguete o Movimento Indixenista Galaico!!