Samstag, Januar 30, 2010
ANDER MIRAMBELL OU O XEITO DE COMO BOTARLLE PEITO ÁS ADVERSIDADES!!
Nista non redacción citabamos fai uns post o noso tan amado desporto de skeleton en referencia ó descenso que realizou o irmán indixenista Sak sobre o xeo da década pasada. Paralelamente a ise suceso enteirámonos da gan fazaña do skeletoner catalá Ander Mirambell ó meterse na final a 20 da copa de europa, un fito histórico que o catapulta á pista de Vancouver na súa primeira e espectacular aventura olímpica a partires do 12 dfe febreiro en Vancouver. Unha histórica de película dun deportista que recorda a aqueles xamaicanos que se embarcaron na aventura de bobsleight , unha mágoa que na galiza non teñamos xente diste tipo botada a diante , e menos entre un colectivo maioritariamente imbecil que poboa as estaciósn de sky. Con zapatillas de atletismo adaptadas con lixa e cun raiador de queixo , un traxe de skyador e un casco plantouse na escola de pilotos de skeleton en Innsbruck no 2005 sen un peso e ante os risos dos seus compañeiros. Ander por desgraza e por imperativo legal terá que competir baixo bandeira española , pero pola súa decisión e empurre ante as adversidades seremos moitos os indíxenas que nos tiraremos de peito con el para axudarse na súa aventura olímpica....