Sonntag, Januar 03, 2010

SAK DESCENDE NO SKELETON DE RADIO OCEÁNICA SOBRE O XEO ABRASADOR DA "década´00" da música galega!!


E se queredes emocións fortes xa nada máis arrincar o ano ponde o ouvido ó estalo especial que ten preparado o irmán indixenista coñecido nista xungla de toxos e loops coma Sak , dende a súa trincheira de Radio Oceánica situada no territorio da Radio Galega Música iste domingo e en horario especial de 21 a 23 horas da noite prepara un descenso brutal e inaudito no seu skeleton radiofónico polo mellor dunha década que fai tan só uns días se esfumou. E se non podes sentila voráxina da velocidade dos anos no teu transistor, recoda que o xeo segue freco no conxelador da caixa negra da radio galega ou en posterior cubiño mp3 en fomato podcast... Radio Oceánica descenso brutal no xeo máis abrasador da década 00, imperdíbel!!