Montag, November 02, 2009

A CONTUNDENCIA DO ROCK LAPÓN DE SOMBY ARRASA NO LIET INTERNATIONAL _09!!

O grupo de rock lapón SOMBY convérteuse iste pasado sábado no vencedor do festival internacional de línguas minorizadas Liet International -09 , mentras que o grupo sardo de Hip Hop Dr. Drer en Crc Posse recibiron o Premio do Público do festival , unha edición na que Galiza non tivo presenza e na que os únicos representates ibéricos foros os asturianos , representados por Alfredo González que conseguíu un noveno posto , lonxe daquel histórico segundo posto dos Dixebra do ano pasado , ademáis os propios Dixebra pódese decir que ista find eclipsaron ó seu representante no festival xa que os de Avilés apresentaban no Llanes al Cubo o que se di coma o mellor disco de toda a súa história e que iste vindeiro 7 de novembro poderemos paladear en Chantada no Castañazo Rock , o título xa o di todo Amor Incendiariu. Longa vida ó liet haxa ou non haxa presenza física galega, o puño e a lingua dista non redacción estará sempre coa filosofía dun festival referencial por encima do lamentábel das eleccións que cada país envíe pasearse polas súas barras e polos seus escearios.