Freitag, Oktober 30, 2009

A XUNTA SECOSTRA Ó MAIKINHO OURENSÁ E PROHÍBELLE OS CHUPA CHUPS!!


Vendo o espectacular documental This is it , no que se pode palpar a dimensión descomunal do mito Maikol non puiden evitar non apretar os puños en recordo do neno ourensán secuestrado polos servicios sociais da Xunta para , según eles, salvarlle a vida por mor dunha non demostrada afección morbida. O rapaz é apartado dos seus país e avós por unha simple cuestión de peso, 70 Kg con só 7 anos de idade, a isa idade Maikol xa brincaba polos escearios ianquis custodiado polo látego do seu pai . Feijoó convértese nise Jackson secostrador de infancia diste neno galego , cantos rapaces e rapazas galegos sofren anorexia e a Xunta non actúa apartandoos da súa familia , para iste goberno ter sobre peso e falar galego é sinónimo de ser una apestado social ó que hai que deter e illar brutalmente, non te preocupes rapaz, estamos eiquí ( con dicción ourensá) . So sentimos que coma se pode ver no documental , Maikol chupaba chupa-chups mentras se reunía co seu equipo para analizar os videos da montaxe , un dos feitos de maior impacto humano que a xunta nunca lle vai permitir desfrutalo ó noso Maikinho ourensá....Estamos eiquí!!