Dienstag, November 10, 2009

GALICIA VS RDG ( República Democrática Galega ) XA!!


A caída fai 20 anos da parede de Berlín e o show noxento que se montou istes días na cidade e no mundo enteiro para celebrar a súa demolición esperta de novo os sentimentos sempre a flor de pel do Indixenismo Galego , a filosofía do "Reducionismo Amplificador" que tivo na RDA un dos seus máis claros exemplos e que sobrevive na docura do paraiso da actual da moderna e puxante Korea do Norte volta ás primeira plana do ideario nacional galega da man do Movemento Indíxena. No mundial do 1974 enfrontáronse por primeira vez e única vez na história as selección da RFA e da nosa tan amda RDA, mundial que se celebraba no inferno capitalista da República Federal Alemá e cunha selección accidental plagada de estrelas capitaneadas polo podre deBeckenbauer, pero foi un xogador do leste, o que arrasou coas esperanzas dos xermanos do lado do capital, ise home leva o nome de Jürgen Sparwasser, idolo para todos os xermanos posibles e imposibles disa nosa sempre RDA na que sempre seguiremos habitando guiada polo gran lider Eric Honneker. Hoxe son moit@s os que se lamentan de que ista xunta da barbarie linguistica e nacional non se implique e deixe de lado o partido da selección galega de futbol e plantexamos xa a necesidade urxente de división por medio dun muro de 5 metros e alambrada de espiños electrifiada dise presado de terra chamada Galicia para no lado oriental establecer os cementos da República Democrática Galega cuxo estadio nacional de billarda, futbol , atletismo e fusilamentos levará o nome de Jürgen Sparwasser.....Traveseiro , agardamos unha escolma de vida e obra do xogador para facer a placa que presida a cerimonia de inauguración, República Democrática galega , un novo gol á barbarie do capitalimo!!